Ver oferta completa

ADMINISTRADOR/A SISTEMAS WINDOWS (SUSTITUCIÓN EXCEDENCIA)_POSIBILIDAD TELETRABAJO 100%

Descripción de la oferta de empleo

Buscamos a un administrador ou administradora de sistemas Windows para cubrir de xeito temporal unha excedencia no Departamento de Sistemas Windows de dinahosting. Dado que o posto é temporal buscamos persoal con certa experiencia para a súa rápida adaptación, Non precisamos unha titulación específica, pero toda formación ou certificación relacionada con Microsoft Windows Server, valorarase positivamente.Que buscamos?Administrador ou administradora para a nosa infraestrutura de sistemas Windows, sistemas de virtualización como Hyper-V, xestores de bases de datos como MySQL, SQL Server e protocolos de rede e aplicación como son HTTP, POP3 e SMTP. Para nos é moi imporante que sexas capaz de automatizar todo tipo de configuracións e procesos sobre ditos sistemas.Coñecementos sobre sistemas Linux e seguridad son aspectos importantes a valorar.Tamén utilizamos metodoloxías áxiles na nosa xestión de proxectos, como Scrum. En dinahosting traballarás:· Investigando, propoñendo e deseñando solucións en equipo.· Desenvolvendo tarefas de administración de sistemas tanto en infraestrutura propia como na dos nosos clientes e documentando o teu traballo.· Planificando e executando as probas necesarias para asegurar o correcto funcionamento dos sistemas.· Facendo despregues e postas en produción das ferramentas que desenvolviches e resolvendo as incidencias que poidan xurdir. E por suposto, encantaríanos que nos deses sempre a túa opinión e ideas de mellora sobre os proxectos do departamento. Como o farás?A nosa estrutura é horizontal e existe a figura do responsable de área ou Team lead, que supervisa o traballo de equipo e está para baixar ás trincheiras cando fai falla. Organizamos o traballo do equipo baixo a metodoloxía Scrum. Os sprints teñen unha duración semanal e facemos reunións para o seu seguimento, evitar puntos de bloqueo e aportar solucións o máis rapidamente posible. Non partirás de cero en todo isto. Temos documentados os procesos de traballo e facemos talleres de formación constantes entre os equipos. Cando traballarás?A túa xornada consiste en turnos rotativos que cambian cada semana, nos cales estarás unha semana de mañá de 7:00 a 15:00 e para seguinte semana será de 14:00 a 22:00 horas, cunha parada de media hora de descanso. Neste posto requírese de dispoñibilidade para gardas, despois do turno de tarde e fins de semana o administrador ou administradora permanecerá pendente do teléfono para resolver incidencias que puedan afectar a nosa infraestrutura. Somos fans da flexibilidade e da conciliación, e sempre que o necesites poderás ir cos pequenos ao médico ou acudir a consultas sen ter que recuperar ese tempo.  Onde traballarás?As nosas oficinas e punto de encontro están en Santiago de Compostela, pero poderás escoller acudir á oficina ou facer traballo en remoto. Ti elixes!  Salario e beneficios sociais Salario según convenio propio. Ademais contamos con esta serie de beneficios sociais:·       Flexibilidade laboral e teletraballo voluntario·       Elección libre de vacacións: coordínate co teu equipo e elíxeas cando ti queiras·       Bolsa de formación subvencionada ao 100 %·       Seguro médico e dental privado ao facer 6 meses na empresa·       Axudas para o pagamento de garderías e centros de coidado de maiores Máis sobre dinahostingEn dinahosting levamos desde 2001 dándolle aos nosos clientes todo o que precisan para garantir a súa presenza online. Desde os nosos inicios acompañamos a evolución de Internet sendo unha empresa innovadora, que aposta pola calidade técnica, o desenvolvemento de ferramentas propias e a mellor atención ao cliente. Estas foron as chaves do noso crecemento e o que nos converteu nunha compañía líder no sector que somos hoxe en día. Ofrecemos todo tipo de solucións para un proxecto online, desde plans de aloxamento de hosting compartido ata servidores de alto rendemento tanto virtuais como físicos e por suposto, os servizos de cloud máis avanzados. Tamén somos rexistradores de primeiro nivel para case todos os dominios do mercado e estamos acreditados pola ICANN. Somos partners de marcas tan recoñecidas como Microsoft, Dell, Intel, Cisco ou VMware. En xullo de 2021, Netcraft nomeounos a empresa de aloxamento web máis fiable a nivel mundial.O Soporte Técnico é o noso sinal de identidade e estamos sempre dispoñibles as 24 horas do día, os 365 días do ano. Temos a disposición dos nosos clientes diferentes ferramentas para que se poñan en contacto con nós: un chat, teléfono gratuíto e correo electrónico, sen contestadores, sen formalismos, sen esperas e en 5 idiomas: galego, castelán, catalán, inglés e portugués. Ao inscribirte nesta oferta de emprego das o teu consentimento explícito a Dinahosting SL para tratar os teus datos coa finalidade de que a túa candidatura participe no proceso de selección asociado. Os datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recabaron. Non comunicamos os teus datos a terceiros. Podes revocar o teu consentimento, así como exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión e outros dereitos mediante comunicación escrita, dirixida ao noso departamento de Recursos Humanos, en Rúa das Salvadas, nº 41, Baixo-15705, Santiago de Compostela ou na dirección rrhh@dinahosting.com. Para máis información, consulta a nosa política de privacidade en https://dinahosting.com/legal/proteccion-datos.   
Ver oferta completa

Detalles de la oferta

Empresa
  • Dinahosting
Localidad
  • En toda España
Dirección
  • Sin especificar - Sin especificar
Fecha de publicación
  • 08/09/2024
Fecha de expiración
  • 07/12/2024
Administrador/a de Sistemas Multiplataforma
Colomina

Requisitos del puestoa quien buscamos: persona con formación en ingeniera informática, sistemas informáticos en red o similares... empresa constructora en proceso de expansión, busca incorporar a su plantilla a un/a administrador/a de sistemas multiplataforma para mantener y evolucionar nuestra infraestructura......

Administrador de Sistemas Informáticos y Servidores
AGRUPAEJIDO S.A.

Conocimientos de sistemas de gestión documental... conocimientos en administración de servidores windows server... gestión de: sistemas de virtualización sistemas operativos windows server impresoras redes y comunicaciones microinformática: pc, periféricos, etcrequisitos del puesto- conocimientos en......

Tecnico de sistemas informáticos y software
Odekia

Se busca técnico de implantación y helpdesk de sistemas informáticos y software para dar soporte informático de sistemas y aplicaciones software (desarrollos propios y de terceros), redes y microinformática, y para administración del dominios de windows y correo de exchange......

Oficial sistemas contra incendios
Tecman reparacion y mantenimiento s.l.

Imprescindible experiencia en: sistemas de detección de incendios convencional y analógica (programación)... se requiere formacion demostrable y habilitacion en el mantenimiento de sistemas contra incendios... empresa dedicada al mantenimiento e instalacion de sistemas contra incendios necesita incorporar......

Administrador de sistemas IT
Surf Engineering, s.l.

Se necesitan conocimientos de bbdd (sql), virtualización, windows server y redes microsoft... necesitamos incorporar urgentemente un técnico senior o administrador de sistemas it para trabajar en un cliente nuestro sito en vitoria... requisitos del puestonecesitamos que el candidato tenga titulación......

TÉCNICO/A INFORMÁTICA EN SISTEMAS - 1224275
Temporing

Estudios relacionados con la informática de sistemas... formación y/o experiencia en configuración de sistemas... tareas de mantenimiento y montaje de sistemas... ciudad: barcelona funciones:desde temporing seleccionamos un/a técnico/a informático/a en sistemas para una importante empresa del sector......

Tecnico de sistemas contra incendios
Asecan sistemas contra incendios

Imprescindible experiencia minima de dos años en: sistemas de detección de incendios convencional y analógica (programación)... instalación y mantenimiento periódico preventivo según ripci de los sistemas contra incendios según agenda digital asignada, siendo responsable de la evaluación de correctivos......

Tecnico de sistemas contra incendios
Asecan sistemas contra incendios

Imprescindible experiencia minima de dos años en: sistemas de detección de incendios convencional y analógica (programación)... instalación y mantenimiento periódico preventivo según ripci de los sistemas contra incendios según agenda digital asignada, siendo responsable de la evaluación de correctivos......

Analista programador senior Web y Android. Teletrabajo.
Antay mobile solutions

) ciclo de vida completo del proyecto desde la definición de la arquitectura técnica de la solución hasta la implantación... requisitos del puesto capacidades: capacidad de aprendizaje y de comunicación... buscamos una persona interesada en nuestro proyecto empresarial a medio y largo plazo, que se......

Analista programador (teletrabajo - residentes en catalunya)
Antay mobile solutions

Antay mobile solutions precisa incorporar un analista programador en modalidad de teletrabajo pero que resida en catalunya, que pueda adaptarse a distintas tareas analista, programador y soporte a clientes, en función de las necesidades... ) ciclo de vida completo del proyecto desde la definición de......